............................
 
IR A/ GO TO: FOTÓGRAFOS INTERNACIONALES/INTERNATIONAL PHOTOGRAPHERS
ENGLISH TEXT/SPANISH

FOTÓGRAFOS GALLEGOS/GALICIANS PHOTOGRAPHERS


FRAN HERBELLO/GALICIA

Utiliza o corpo para reflexionar sobre a identidade, a memoria, o tempo ou a morte, e faino desde a súa propia idiosincrasia, desde a ironía latente na súa reivindicada procedencia: a ría de Aldán en Pontevedra. A utilización do branco e do negro ou o feito de recorrer a citas da vida cotiá non deixan de ser máis que meras anotacións na marxe, xa que tras a obra do artista galego subxace unha crítica sutil ó que el denomina acoso da sociedade dixital. As súa imaxes son produto da intervención directa sobre os corpos, intervencións efémeras, performances e accións realizadas unicamente para seren fotografadas: marcas e incisións ou incorporación de elementos e de texturas que lle permiten, tras aplicar unha boa dose de ironía, subverter os xéneros preestablecidos. A aparente agresividade das imaxes, con reminiscencias surrealistas, contrasta coa harmonía da composición formal á que lle presta unha coidadosa atención.

http://www.c5coleccion.com/
   
FÉLIX FERNÁNDEZ /GALICIA

Vexatio inspírase nas reflexións de Friedrich Nietzsche que no seu libro Así habló Zaratrustra desenvolveu como as tres transformacións do home. Estas tres fases conceptuais convértense neste proxecto en tres partes estruturais; así, o camelo, o león e o neno do texto orixinal funcionan nesta posta en escena como momentos de submisión, rebelión e renacemento, respectivamente. A acción fotografada desenvólvese desde un punto de vista narrativo cun enfoque moi ligado ó onírico. Os deseños do vestiario, creados e confeccionados por Roberto Diz, teñen un compoñente escultórico fundamental que reforza o contido mediante as súas transformacións. Para a posta en escena cóntase cos elementos mínimos; trátase dun espazo baleiro no que a iluminación aparece como elemento dramatúrxico, marca a estrutura da imaxe e sitúa o espectador no espazo e no tempo.

http://www.felixfernandez.org/
   

ANDREA COSTAS/GALICIA

O territorio de experimentación plástico de Andrea Costas inclúe a fotografía, o vídeo e a performance. O corpo utilizado como discurso e como acción para definir unha poética chea de matices e de suxestións tras a que subxace unha profunda reflexión sobre o paso do tempo… a transformación, o contraste entre mocidade e vellez ou a identidade tratada desde diferentes ópticas. Galicia como pano de fondo e en imaxe a relación entre mulleres de diferentes idades e condición. Andrea manifesta un profundo interese pola aproximación do seu traballo ó receptor e utiliza nesta comunicación códigos lingüísticos moi directos que transmite en forma de proxectos perfectamente articulados. Segundo o crítico Ramón Rozas “Andrea Costas sérvese da arte para enfrontarse a esa sociedade á que tantas veces mira de cara para afrontar retos e problemas, desgustos e tormentos sabendo que tras ese compromiso adquirido coa arte se encontra un lugar cheo de felicidades como as que se logran cando e arte se compromete co ser humano”.

http://www.andreacostas.com/

   

MARTA PRIETO /GALICIA

As fotografías presentadas por Marta Prieto forman parte da serie englobada baixo o título Bajoagua. Agrupadas de tres en tres, e sempre cos mesmos elementos, o traballo reflexiona sobre a distorsión dos ritos cotiáns. Os bonecos de pastelería como concentración dos nosos recordos e costumes. A auga como elemento capaz de distorsionar a imaxe da materia. Un espazo fotografado oco, baleiro de contido. Figuras ocas para costumes que perviven e que se adaptan ós nosos cambios. Ritos que se converten só en brillo, sen ningún sentido máis alá da imaxe como os brillos, os reflexos, a fugacidade das paisaxes fotografadas.


http://www.compostelacultura.org/

   
   
   
  NATIONAL PHOTOGRAPHERS/FOTÓGRAFOS NACIONALES
   
ANA LAURA ALÁEZ/MADRID

Ana Laura Aláez encóntrase nestes momentos preparando dous proxectos importantes para o 2008: Bridge of light, unha peza permanente para o Novo Museo de Towada City en Xapón e en España, a súa exposición individual no Musac. No 2007 destacamos a súa participación na exposición Incógnitas no Guggenheim de Bilbao, unha cartografía da arte vasca despois de Oteiza, cunha das súas primeiras pezas de escultura emblemáticas Mujeres sobre zapatos de plataforma. Acaba de terminar o vídeo Empty Spaces rodado en Dubai, que se presentará en novembro no Museo de Sharjah, Emiratos Árabes.
Outras liñas importantes no seu currículo que cómpre destacar son:
- Arquitectura de sonido, Banco de la República Museum, Bogotá, 2006.
- Goodbye horses, (Kiss The Frog-The art of Transformation) The National Museum of Art, Architecture and Design, 2005.
- Hell Disco, Taidemuseo Tennispalatsi, Helsinki and Spanish Culture Center of Mexico, 2004.
- Beauty Cabinet Prototype, Palais de Tokyo, París, 2003.
- The Royal Trip, PS1, Moma, New York, 2003.
- Sound Recording Room, Hamburger Bahnhof Museum, Berlin.
- Pink Room, Liquid Sky, Rain Room, Pavillón Español da Bienal de Venecia, 2001.
- Dance & Disco, Espazo Uno in the Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 2000.


http://www.analauraalaez.net/
   
EUGENIO RECUENCO/MADRID

En maio de 1968 os estudantes de Madrid manifestábanse no Campus universitario e miña nai foi para o hospital porque a min, que oía todo aquilo, entroume présa por nacer. Fixéronme as miñas primeiras fotografías e axiña me decatei de que había que facer algo para evitar saír tan feo. O mellor, facer eu mesmo as fotos. Despois duns aniños en Belas Artes –especialidade de pintura- fixéronme crer que era un artista. Pouco durou. Os clientes empeñáronse en convencerme de que era unha merda. Pero ben, cada vez son máis e moitas as revistas estranxeiras (Madame Figaro, Wad, Spoon, Planet, Vanity Fair, Stern, ZinK) e españolas (Vogue, View, Vanidad), campañas estranxeiras (Boucheron, Baby Phat, Diesel, Rammstein, Mágnum, Nina Ricci), e ata españolas (Festina, Custo, Carrera y Carrera, Codorniu, Mango Adorably, Loewe) que contan comigo. Hai dous anos tiven a sorte de que me obrigaran a presentar unhas fotos para un certame de Fotografía. Déronme o premio Nacional de Fotografía ABC e vin que non só lle gustaron as fotos a miña nai. Despois diso chamáronme para exposicións: Tras el espejo no Museo Nacional de Arte Reina Sofía de Madrid; BAC (Barcelona Arte Contemporánea) no CCCB de Barcelona; Circuit 8 (Arte e Moda) en Barcelona (Instalación); La Santa (Espazo de Experimentación e Creación Contemporánea); FEM III (Festival de Arte Edición Madrid) – Instalación - . No ano 2005 en Cannes decidían que unha foto miña para Playstation tiña que levar un León de Ouro. En España sabémolo a miña familia e mais eu. Tamén levei o premio ó Mellor Proxecto de Arte no FEM IV. O ano pasado fixen o calendario Lavazza 2007 e tamén rodei un anuncio publicitario para NIna Ricci. Este ano rodei o spot para a campaña publicitaria de Loewe, participo en PhotoEspaña, rodarei o meu segundo spot para Nina Ricci e exporei no Naarden Photofestival de Holanda. Na actualidade, sigo facendo o de sempre: traballar.

http://www.eugeniorecuenco.com/

   
DANIEL RIERA/BARCELONA

“Unha das características principais da súa produción é a vontade de traballar con todas as posibilidades expresivas que ofrecen as revistas e os medios de ampla difusión, intentando interrelacionar o punto de vista do espectador tradicional de obras de arte co público máis xenérico dos mass-media. A súa obra presenta unha ampla variedade de rexistros onde conflúen as tendencias de moda, as instantáneas de personaxes, secuencias narrativas de imaxes, reflexións intimistas cunha constante interrogación sobre o ámbito persoal e a imaxe pública cun marcado carácter de hibridación de estilos”. (David Santaeulària con motivo da exposición de Daniel Riera Fotografies, Museu de la Garrotxa, 2000) Título da imaxe: Fotografias a Bjarne Melgaard para la revista Butt (2005)

http://danielriera.com/